• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Ruta Os Pintores

Non esquezas visitar este enclave natural.
A ruta dos Pintores debe o seu nome á existencia de dous recoñecidos artistas, ambos nativos da zona por onde esta transcorre, brindando deste xeito unha afectiva homenaxe a súa traxectoria profesional.

As pegadas do camiñante…
Saímos de A Fonsagrada pola estrada LU-701, desviándonos no PK 6 en dirección a Allonca. Transcorridos preto de 6 km nesta dirección, escomezamos a ruta na Ferrería de Pántaras ata chegar ó desvío do Relaio, onde collemos a pista de terra que pasa por diante da casa e que nos leva ata o río Allonca, o cal cruzamos pola ponte de madeira.
Seguimos o sendeiro que transcorre paralelo ó mesmo, e inmersos nunha boscosa zona de amieiros, castiñeiros e carballos, chegamos ata a fermosa igrexa de Santa María de Allonca. Aquí atopamos unha interesante fonte na que se pode apreciar un túnel de 30 metros de longo.
Continuamos o camiño atravesando un frondoso e centenario castiñeiral salpicado de corripas (construcións circulares de pedra para gardar as castañas), ata chegar ó escondido muíño da Allonquiña.
Neste punto, e antes de iniciar o camiño de volta, debemos pararnos a tomar alento e desfrutar do río Allonca e do ecosistema que o rodea, caracterizado por un bosque de ribeira, conformado por amieiros e freixos cuxas raíces repousan nas tranquilas augas deste río.

Reencóntrate co pasado…
Camiñando sobre os nosos pasos, collemos dirección a Allonquiña, pobo natal do pintor Manuel López Monteseirín. Atopamos neste punto, unhas interesantes mostras de arquitectura popular así como una antiga escola.
Deixando atrás o pobo da Allonquiña, a nosa próxima parada será a casa grande da Allonca.
Continuando polo sendeiro, e camiño de Pántaras, achegarémonos ata o Palomar de dita propiedade, unha mostra de arquitectura moi interesante.

Pobos con historia...
Dende ese punto, o camiño ascende ata chegar ó pobo de Pántaras, lugar de nacemento do artista Benxamín Álvarez. Aquí poderemos contemplar os teixos centenarios, así como os numerosos hórreos e casas de pedra, que dotan a este pobo dun singular atractivo.
O sendeiro final da ruta transcorre pola estrada asfaltada, baixo as sombras dun gran souto que nos conducirán ata o seu fin.

Localización

Cargando...