• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Datos xerais

  • Cabeceira de Comarca: Fonsagrada.
  • Partido Xudicial: Fonsagrada.
  • Distancia á capital provincial: 56 km.
  • Superficie: 443 km2.
  • Poboación: 4.748 (Censo 2007).
  • Densidade de Poboación: 10,71 hab./km² (2007).
  • Altitude: 952 msnm.

A Fonsagrada é a capital de concello máis alta de Galicia e o Concello máis extenso, cunha superficie de 438 Km2.

O Concello da Fonsagrada atópase situado no extremo centro-oriental da provincia de Lugo, formando un conxunto montañoso que constitúe unha fronteira natural con Asturias.

A súa poboación no ano 2009 era de 4415 habitantes, dos que 2.108 son mulleres e 2.307 son homes. Esta poboación distribúese en 293 pobos repartidos en 29 parroquias.

Limita ao norte cos concellos de A Pontenova e Taramundi, ao sur con Navia de Suarna e Baleira, ao este con Negueira de Muñiz, Santa Eulalia de Oscos, San Antolín de Ibias e Grandas de Salime, e ao oeste con Ribeira de Piquín e Baleira.

A Fonsagrada é un concello de relevo moi accidentado, polo que abundan as paisaxes de fortes pendentes e acusados contrastes altitudinais entre as zonas de val e as cotas máis elevadas, que chegan a alcanzar os 1201 m. Aparece regado por dous ríos: o Rodil e o Navia e diversos afluentes con centos de fervenzas e máis de 30 seimeiras.

Dadas as características da montaña, é natural que dende calquera dos seus cumes sexa posible gozar das vistas máis pintorescas e de inigualábeis panorámicas. Configúrase así como un dos concellos máis fermosos de Galicia, onde os deportes e as actividades ao aire libre atopan aquí un marco idóneo.

A situación interior e a elevada altitude media, dan lugar a un clima de montaña cunha temperatura media anual de 8º C, como consecuencia dun inverno frío e un verán moderado. As precipitacións, eventualmente, son en forma de neve.

Linda ao Norte co Concello da Pontenova e o asturiano de Taramundi; polo Leste cos tamén asturianos de Santa Eulalia de Oscos, Grandas de Salime e San Antolín de Ibias, ademais do lucense de Negueira de Muñiz; polo Sur con Navia de Suarna e polo Oeste cos de Baleira e A Ribeira de Piquín.

Distancias aos principais núcleos de poboación cercanos:

  • Á Ribeira de Piquín (Chao do Pousadoiro): 24 Km.
  • A Grandas de Salime: 28 Km.
  • A Santa Eulalia de Oscos: 25 Km.
  • A San Antolín de Ibias: 45 Km.
  • A Meira: 36 Km.
  • A Navia de Suarna: 29 Km.
  • A Taramundi: 60 Km. por Santalla e A Garganta, e 63 pola Pontenova.
  • Á Pontenova: 55 Km.

Cargando...