• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Ruta Forno do Bolo

Para a chegar ata a ruta collemos na Fonsagrada a estrada LU-701, e a uns 4 km observamos á esquerda un desvío indicado para Queixoiro.
Só teremos que continuar por esa estrada ata o aparcadoiro, situado a 200 m. do propio pobo.

A pegada da auga na natureza...
Neste punto comezaremos a nosa andaina, que nos conducirá a través dun bosque de piñeiros ata chegar ó rego de Tronceda, que será bordeado a través dunha pequena ponte para adentrarnos, deste xeito, nun pequeno souto de castiñeiros no que poderemos apreciar corripas.
Ó compas do curso do río é posible apreciar a súa unión ao rego de Queixoiro. Proseguindo a andaina, albiscamos a primeira das fermosas seimeiras. Seguindo o discorrer destas augas ó abeiro dun bosque de galería, detémonos a contemplar a caída da segunda das fervenzas. Finalmente proseguiremos o sendeiro de volta ó punto de inicio.

Goza do seu rico patrimonio….
Son as corripas un emblema patrimonial do roteiro, tratándose de construcións empregadas para o almacenamento das castañas ó longo do ano.
As seimeiras, reflexadas no catálogo galego de humidais protexidos, confiren un claro atractivo por acubillar a esencia desta comarca, onde a auga é unha das características definitorias da súa entidade.
Tamén conta coa existencia de dous castros coroando a segunda das seimeiras, os cales,ademáis, se encontran catalogados no GA, aínda que para visita-los é preciso desviarse do roteiro orixinario.

Localización

Cargando...