• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Ruta de Castañoso

Hai dous maneiras de facer a ruta:

1.Esta ruta parte do pobo de Castañoso, lugar eminentemente rural, con construccións típicas galegas, ademais de numerosos hórreos de influencia asturiana con planta cadrada e cuberta piramidal, de palla ou lousa, rematados cunha pirula. No zarrado, ou corpo, ás veces posúen un corredor no que as mazarocas de millo dan unha
fermosa nota de cor.
Collemos o camiño da esquerda, un sendeiro que no seu primeiro tramo é de baixada, por un antigo paso de carro ata chegar ao cortín de Monteagudo, construcción circular feita de pedra, e que servía para resgardar os trobos dos ataques dos osos.
Seguimos o sendeiro de baixada, algo dificultoso ao seu paso pola coñecida “calle dos mouros”, e que nos leva a entrada do castro de Castañoso, pasando antes polos impresionantes cortíns de López e de Villar.

O castro de Castañoso destaca pola súa conservación, xa que son numerosas as paredes e “calles” que a simple vista se observan .
Situado entre as marxes dos regos das Covas e o de Valdobarreiro.
Volvemos sobre os nosos pasos, para continuar a ruta, esta vez collendo o sendeiro da esquerda internándonos nun bosque cada vez máis espeso e frondoso, e que nos leva polo antigo camiño que levaba dende Castañoso ata a capela do Santiago, hoxe en día en estado de abandono, pero en medio dun inmellorable marco natural, rodeada de un gran número de corrizas, o que fai constatar o aproveitamento comunal dos soutos.
Baixaremos ata o Muíño de Penallo, actualmente en estado de abandono, pero cun entorno incomparable, para elo, teremos que cruzar o rego das Covas por unha ponte de madeira dende a que se pode observar unha pequena pero marabillosa seimeira.
Deixaremos atrás o souto, para comezar a subida ao pobo de Castañoso, punto final da nosa andaina.

2.Comeza en Silvachá. Aparcamos no cruzamento á esquerda (tras pasar a aldea). Baixamos ata o rego dás Covas. Subimos polo castro e os dous "cortíns". Baixamos á ermida de Santiago, posteriormente ao Muiño do Penallo e subimos ata o Campo da Feira de Silvachá e baixamos cara á esquerda uns 800 metros ata a saída.

Localización

Cargando...