Tras a ábsida da igrexa de Santa María está a Fonte Sacra, que dá nome á vila da Fonsagrada. A actual estrutura, de 1882, está feita no lugar doutras máis antigas que gardaban este manancial natural, cuxa existencia sen dúbida favoreceu o nacemento desta poboación e que o tránsito por ela terminase triunfando sobre o anterior camiño a Pobra de Burón, atallando un bo treito a pesar da subida. Percíbese unha reminiscencia animista de culto á auga e aos seres femininos nais da Natureza, cristianizados en virxes e santas. Unha lenda di que de aquí manase leite para dar sustento a unha viúva e os seus tres fillos, os únicos que deron axuda a un peregrino. Outra tradición afirma que antes esta fonte non existía, que os habitantes tiñan que ir montaña abaixo a por a auga, ata que unha familia do lugar acolleu a unha muller magullada, cansa e famenta, unha peregrina ou unha santa, pois por intercesión dela e como premio divino obrouse o milagre e empezou a xurdir de aquí o líquido elemento
Cargando...