XXXI Concurso de gando cabalar, mular e asnal
O domingo 8 de setembro comezo ás 08:00 horas
Probas morfolóxicas na Praza do Concello.
Participarán:
ASNAL- MULAR - PÓNEIS - CABALOS PAÍS - EGUAS DO PAÍS - CABALOS CRUZADOS - EGUAS CRUZADAS - PERCHERÓN BRETÓN E CRUCE DE AMBOS CABALOS - PERCHERÓN BRETÓN E CRUCE DE AMBAS EGUAS - CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA E ASTURCÓN
(proba puntuable para a XXIII COPA GALICIA DE PURA RAZA GALEGA)
- O gando recibirase no recinto do Mercado Gandeiro, os propietarios recollerán o número e inscribiranse na oficina disposta para este Concurso.
- Os animais deberán vir perfectamente identificados.
- O recinto pecharase ás 10:30 da mañá, non podendo participar os que cheguen despois desta hora.
Ás 16:30 h. Proba de ANDADURA GALEGA non federada
Na Rúa Enrique Saavedra (Preto da Escola Fogar)
Modalidades andadura non federadas: serrada e chapeada
Trofeos e grandes premios en metálico
Premio especial ao mellor exemplar da zona