BENEFICIARIOS: Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia o establecemento turístico para o que se solicita a axuda.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
As que se realicen:
- En establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011 do 27 de outubro.
- En empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES:
- Mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
- Adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
- Actuacións de renovación e modernización das instalación e embelecemento da contorna da instalación.
- Equipamento mobles necesarios para o funcionamento
- Mellora na climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
IMPORTE: 35% do orzamento do investimento. Máximo 35000 €
PRAZO: Ata o 30 de decembro