O Instituto Galego de Consumo e da Competencia presenta a sesión informativa "A NOVA TARIFA ELÉCTRICA".
O obxectivo deste proxecto é achegar á poboación galega información e asesoramento en relación aos cambios profundos que se van a producir, a partir do mes de xuño deste ano 2021, na nova tarifa e na factura eléctrica, para o cal se levarán a cabo varios talleres gratuítos sobre estas temáticas nas catro provincias galegas.
Como persoas consumidoras dun servizo básico e esencial como é a electricidade enfrontámonos a diario a conceptos complexos, de aí que sexa tan necesaria achegar a educación e información sobre a nova factura e tarifa eléctrica ao conxunto da sociedade galega.
Imparte: Manuel A. Barros González - Xefe do Servizo de Consumo (IGCC) de Lugo