Xa te podes apuntar á San Silvestre fonsagradina!
Para inscribirte pasa polas oficinas do Concello ou, se o prefires, tamén o podes facer chamando ao 629.67.12.36
Cada inscrición ten un prezo de 3 €, dos que 2 serán doados á Asociación Española contra o Cancro. As 140 primeiras inscricións terán un detalle.
A San Silvestre é apta para todos os públicos xa que terá dous percorridos: un de 3 km e outro máis curto de 1,5 km. Podes acceder ao plano AQUI.
Rógase acudir con caracterización do Nadal.