Un ano máis a Concellería de Deportes, coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro, organiza a carreira de San Silvestre.

A inscrición farase no Concello ou chamando ao 629.67.12.36 e ten un custo de 3€, dous dos cales serán doados a AECC. As primeiras inscricións terán un agasallo.

Este ano hai dous circuitos: un de 3 km. e outro de 1,5 km. Pode descargar o percorrido premendo aqui.

Rógase acudir con algunha caracterización do Nadal.