A Concellería de Turismo do Concello da Fonsagrada organiza esta preciosa ruta de sendeirismo entre a vila e A Pena do Inferno para o día 9 de xullo.
Durante o percorrido, que ten unha lonxitude de 12,5 km, os camiñantes poderán apreciar a beleza paisaxística destas singulares paraxes.
Todas aquelas persoas que estean interesadas deben anotarse, antes do 6 de xullo, na Oficina de Turismo Municipal ou chamando ao teléfono 982.340.405