Dende hoxe e no horario habitual (de 10 a 13 h e de 15 a 20 h) a Biblioteca Pública Municipal reabre as súas portas ao público para os seguintes servizos: préstamo e devolución de materiais e información bibliográfica. Estes son os servizos indicados na Orde do Ministerio de Sanidade, publicada no BOE o pasado sábado, que xa poden prestar as bibliotecas durante a Fase 1 da desescalada. Agardamos que pronto se poidan reactivar máis servizos como o estudo en sala, o uso de ordenadores ou as actividades culturais e formativas.

Así mesmo, seguiremos estritamente os protocolos de desinfección do local, tal e como se indica na mesma Orde, co obxectivo de seguir mantendo os espazos municipais de A Fonsagrada libres de COVID-19.

Recordámosvos que se o preferides podedes seguir facéndonos as consultas de xeito telemático chamando ao 982340245 ou escribindo a biblioteca@afonsagrada.org.