Publícase a convocatoria de selección para a contratación con carácter temporal de 2 tractoristas, 3 albaneis, 1 palista, 2 peóns e 2 peóns de limpeza viaria (xornada 50%), ao abeiro do Programa de Reforzo do Emprego 2023, incluído no Plan Único de Cooperación cos Concellos 2023, financiado pola Deputación Provincial de Lugo.
O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días hábiles a partir da publicación do anuncio no BOP. Prazo: 26/04/2023 - 05/05/2023
Esta información tamén está dispoñible na Sede Electrónica do Concello da Fonsagrada.