Qué é Aulas Abertas? Aulas Abertas é un proxecto de AELU e da Deputación de Lugo que pretende chegar a todas aquelas mulleres residentes nos distintos concellos da provincia que presenten inquedanzas de mellora na súa vida persoal e na súa contorna, para que actúen como forza tractora e contribúan a xerar un maior valor engadido e unha maior dinamización económica nos seus territorios.
- Obxectivos:
- Incentivar a creación de postos de traballo
- Estimular novas oportunidades de negocio
- Favorecer un uso máis eficiente dos recursos que se atopan no rural
- Crear unha rede virtual de mulleres emprendedoras rurais
- Axudar ás participantes no proxecto e ás socias de AELU a potenciar e mellorar a súa presenza en RRSS
A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo e a Deputación de Lugo ofrecen obradoiros gratuitos presenciais para mulleres e asociacións rurais da provincia de Lugo en diferentes temáticas:
- Transformación produtos agrogandeiros:Con esta formación as mulleres participantes aprenderán novas posibilidades de cultivo e de transformación de produtos de granxa, horta, leite e froitas, contribuíndo a xerar un valor engadido ao que producen para así incrementar o seu beneficio.
- Aproveitando recursos: Promoverase o emprego de plantas silvestres que permitirán crear novos produtos de hixiene e cosmética (oleatos, bálsamos, xabóns, etc.), e materiais de refugallo para a creación de envases que buscarán obter unha diferenciación produto/servizo a través da imaxe e dun empaquetado distintivo que lles permitirá distinguirse dos seus competidores.
- A miña imaxe na rede: Permitirá xestionar as súas redes sociais (RRSS), crear contidos para web e redes, Google meet, Certificados electrónicos, tramitación de citas con organismos, etc.).
Fases do proxecto :
- Presentación do proxecto.
- Actividades formativas e de networking.
- Conversas con emprendedoras.
- Xornada de peche de Aulas Abertas.
Información:
Teléfono 982 801 519
WhatsApp: 666947735
Enderezo electrónico: empresariaslugo@gmail.com