O día 21 de decembro ábrese o prazo para a solicitude dun posto na XXI Feira do Butelo. Dito prazo finaliza o 19 de xaneiro ás 14:00 horas.
Esta solicitude é provisional. Quere isto dicir que so con facer dita solicitude non se ten a asignación automática do posto. A confirmación da concesión aos interesados farase, dende o Concello da Fonsagrada, exclusivamente por correo electrónico.
Todas aquelas persoas ou entidades interesadas en solicitar un posto deben cubrir un formulario ao que se pode acceder dende a seguinte ligazón:
http://www.afonsagrada.org/inscripction_ferias/new/solicitude-feira-do-butelo-2018
Para calqueira dúbida ou consulta chamar ao Concello: 982.340.000
BASES E INFORMACIÓN ADICIONAL
Esta inscrición é unha solicitude provisional. Recibirá resposta dos organizadores da feira confirmando o seu posto, medidas e forma de pago.
A adxudicación dos stands non é por orde de inscrición, senón por antigüidade e diversificación dos produtos para vender.
IMPORTANTE: Nesta solicitude debe indicar no apartado do STAND o número de metros cadrados que solicita (mirar prezos na nota informativa) e indicar nos COMENTARIOS que produtos desexa vender e expoñer na feira.
Solicitude provisional para optar a un posto na Feira do Butelo que se celebrará o próximo 3 e 4 de febreiro de 2018.
NOTA INFORMATIVA:
O Concello da Fonsagrada, organizador da Feira do Butelo, establece as condicións para o desenvolvemento da devandita feira. A Feira do Butelo está sometida ás condicións presentes, e aqueloutras que se poidan ditar polos órganos competentes do Concello con relación á mesma.
A competencia de organización, autorización, supervisión, control, anulación, etc., corresponde ao Concello da Fonsagrada, que as executará a través dos seus órganos.
DATAS: 3 e 4 de febreiro de 2018.
O obxecto desta nota é a regulación da venda de produtos na Feira do Butelo, os días 3 e 4 febreiro de 2018.
É responsabilidade de todos os vendedores establecidos na carpa, dispoñer dos permisos e licenzas correspondentes para levar a cabo a súa actividade.
Corresponde ao Concello, sen prexuízo das competencias doutras administracións, a ordenación e control do bo funcionamento desta feira.
O Concello non se responsabiliza dos furtos e/ou roubos.
As solicitudes, nas que constarán todos os datos e documentación solicitados, poderanse presentar ata o día 6 de febreiro de 2017 inclusive, exclusivamente a través do formulario da web do Concello:
http://www.afonsagrada.org/inscripction_ferias/new/solicitude-feira-do-butelo-2018
É requisito indispensable que os solicitantes acheguen unha dirección de correo electrónico, a través da cal se farán os comunicados por parte do Concello.
A listaxe de admitidos publicarase na web do Concello o día 23 de xaneiro e enviarase un correo electrónico aos seleccionados co comunicado.
Os postos seleccionados terán que efectuar o pago entre o martes 23 e o venres 26 de xaneiro ás 14:00 horas. O número de conta para facer o ingreso facilitarase no correo cando se confirme a obtención dun posto na feira. Terase que enviar o xustificante de pago por correo electrónico a administracion@afonsagrada.org
A colocación do posto farase única e exclusivamente no stand da carpa rotulado co seu nome.
A montaxe poderase facer:
Venres de 17:00 a 21:00 horas.
Sábado de 8:00 a 10:00horas.
Deberán estar listos para a apertura da feira a partir das 10:00h.
Os postos desmontaranse entre 19:00 e as 22:00h do domingo.
Son obrigacións dos postos autorizados:
a. Abonar o prezo público pola ocupación do posto.
b. Manter aberto ao público o posto debidamente atendido e abastecido.
c. Manter o espazo ocupado limpo.
d. Vender exclusivamente os produtos sinalados na solicitude e debidamente autorizados. Calquera modificación nos mesmos sen autorización expresa do Concello pode levar consigo a expulsión da feira.
e. Someterse ás normas que poida ditar o Concello ou calquera outra autoridade por razóns de seguridade cidadá ou orde pública ou para a boa marcha da feira.
Dimensións e prezos públicos
A) Medida: 2x2= 4m cadrados Prezo: 40€
B) Medida: 2x3=6m cadrados Prezo: 60€
Calquera dúbida ou aspecto non contemplado na presente nota será resolto polo Concello da Fonsagrada a través dos seus órganos.
O organizador resérvase o dereito da suspensión do evento.