Bando prazo aberto preinscrición nas escolas infantis 0-3 anos
A Consellería Política Social, a través da Axencia Galega de Servizos Sociais, ven de abrir o prazo de preinscrición nas escolas infantís 0-3 anos dependentes desta Axencia.
- Requisitos:
- Que o/a neno/a xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
- Que teña unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2024. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
- Respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul (escolas 0-3 dependentes da Agass e do Consorcio Galego de Servizos da lgualdade e do Benestar) estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso nos centros da Agass.
- Prazo de inscripcións: 18/03/2024 – 5/04/2024
- Horario de atención: 10:00- 14:00 horas
- Concertar cita previa para realizar a inscrición na Escola Infantil de A Fonsagrada no número de teléfono: 982 340 315