Xéneros: Folk Tradicional
Duración: 60 minutos
Público adulto
Tipo espectáculo: Música

Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.

Pepe Vaamonde Trío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.

Actividade cultural dentro da novena edición do programa "Cultura No Camiño" financiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, Gadis e o Concello de A Fonsagrada.

Podedes ver un vídeo da actuación: https://youtu.be/Afs8zKrO88s