Debido á situación sanitaria actual e en consonancia coas medidas aprobadas no día de hoxe pola Xunta de Galicia, a alcaldía decidiu que a Casa da Cultura de A Fonsagrada (biblioteca, aula CeMIT e OMIX) permaneza pechada ao público dende mañá. Hoxe estará aberta ata as 20h por se queredes levar libros en préstamo para as próximas semanas ou facer uso dalgún outro servizo. Informarémosvos do día en que se volva a poñer en funcionamento a atención ao público. Para consultas podedes seguir chamando ao 982340245 e escribindo a biblioteca@afonsagrada.org ou cemit.afonsagrada@xunta.gal.
Desculpade as molestias.