O luns, 14 de marzo, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Actividades para adultos do Concello de A Fonsagrada  ata xuño de 2022 inclusive. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 28 de marzo. A xestión realizarase por correo electrónico ao enderezo ActividadesFonsagrada@gmail.com. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 30 de marzo na páxina web do Concello de A Fonsagrada.

Esta temporada as actividades nas que poderán inscribirse son: ioga, pilates e reforma de mobles.

  • PILATES:  No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 14 persoas.
  • IOGA: No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de  20:15 a 21:15 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 14 persoas.
  • REFORMA DE MOBLES: Na Aula Verde (sábados de 10:00 a 13:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 10 personas. O custe trimestral do material é de 85€. O pago do material  abonarase directamente ao docente.

As tarifas para o trimestre son de 60 euros.

Preinscrición: O prazo de preinscrición é do 14 ao 28 de marzo de 2022. Realizarase unicamente a través do enderezo electrónico ActividadesFonsagrada@gmail.com.No caso dun/dunha menor que teña máis de 14 anos, terá que ter autorización asinada polos pais. 

Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.

Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 05 04 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org

Método de pagamento: Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 30 de marzo, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 8 de abril de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López

 

Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

 

Inscrición ao longo do curso: Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.

Baixas: No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.

Medidas de seguridade fronte a Covid-19: Cumprirase, en todo momento, coas normas hixiénico-sanitarias. Entre as que destacan: nas actividades en que se precise o uso de esteira cada usuario/a deberá levar a súa propia. Con carácter xeral non se compartirá ningún material.

O uso de máscara será obrigatorio segundo a normativa vixente en cada momento. Será obrigatorio limpar as mans cos dispensadores de xel hidroalcólico á entrada e á saída das actividades.

Non está permitido utilizar os vestiarios das instalacións deportivas e os efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para este fin.

Non poderán acceder á actividade as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19.

En caso de restricións de capacidade derivadas da normativa Covid-19 completarase a capacidade permitida en rigorosa orde de inscrición. Exemplo: no suposto de que nunha actividade se limite o capacidade a 10 persoas. O primeiro día de entrada en vigor da normativa os 10 primeiros inscritos da lista poderán acudir á clase e os 10 restantes acudirán na próxima clase. Devolvéndose por este motivo a parte proporcional da cota non consumida polos participantes.

Folleto de preinscrición