O Concello pon a disposición da cidadanía dous contedores de recollida de aceites de cociña usados que se sitúan na Praza do Concello e na rúa Rois de la Peña (fronte a Casa da Cultura)
Despois de cociñar e cando o aceite xa estea frío, envorcalo nunha botella de plástico e tapala ben. A botella de plástico pode ser de calquera tipo, co que tamén lle estaremos dando uso a un residuo que será reciclado.
Unha vez chea levala ao contedor de aceite usado onde simplemente se deposita.
Desta maneira contribúese a coidar o medioambiente, hai que lembrar que o aceite usado é altamente contaminante, e que 1 litro de aceite contamina 1000 litros de auga.