Estes días estamos a sufrir a mala recepción no sinal de televisión neste Concello. Isto débese á implantación da tecnoloxía 4G para a telefonía móbil.

Para solucionar este problema as persoas afectadas deben poñerse en contacto coa empresa Llega800, encargada de xestionar as devanditas incidencias de maneira gratuíta.

Datos de contacto de Llega800: 

  • por correo electrónico: ayuda@llega800.es
  • por teléfono: 900.833.999