Finalizado o prazo de inscrición nas actividades de Pilates, Ioga e Reforma de Mobles publícanse as listaxes de admitidos e excluídos para o trimestre comprendido entre abril e xuño 2022.
Os usuarios que obtivesen praza deben facer o pago na entidade bancaria Abanca con data límite o 8 de abril. No concepto deben poñer o seu nome e apelidos e a actividade.