- Unha vez finalizado o prazo de inscrición o día 7 de xullo de 2023, procedese a publicar a listaxe definitiva de admitido/as no Campamento de Verán 2023. Listado de admitidos
- PREZOS E PAGAMENTO O pagamento será liquidado na entidade bancaria ABANCA. O pagamento non se fará no momento de matrícula. Abrese un prazo para efectuar o pagamento desde o luns 10 ao viernes 14 de xullo de 2023 inclusive. De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.
Opción A: Do 17 ao 28 de xullo de 2023 Cota: 50€
Opción B: Do 31 de xullo ao 11 de agosto de 2023 Cota: 50€
Opción C: Do 17 de xullo ao 11 de agosto de 2023 Cota: 100€
No concepto da entidade ABANCA teñen que indicar o nome e apelidos do usuario e a opción á que se matriculou.
- BENEFICIOS FISCAIS Establécense a seguinte bonificación: • Bonificación do 50% da taxa: para familias numerosas, segundo a súa definición contemplada na Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
- RENUNCIA A PRAZA E DEVOLUCIÓN DA TAXA No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal. As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas. A omisión, falsidade dos datos o dos documentos achegados serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.