Publicado hoxe no apartado de actividades culturais anuais as listaxes de admitido/as e excluído/as nas actividades. As actividades de gancho e meditación non chegaron ao mínimo de participantes necesario, por iso non se levarán a cabo.
Método de pago: Unha vez publicado na páxina web municipal o 29 de decembro a listaxe de admitidos, as persoas que obtiveron praza deben facer o pago na entidade bancaria Abanca con data límite o 8 de xaneiro de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López