Unha vez finalizado o prazo de inscrición o día 28 de xuño de 2024, procedese a publicar a listaxe definitiva de admitido/as no Campamento de Verán 2024. Listado de admitidos

 

Abrese un prazo de pagamento entre os días 5 e 11 de xullo de 2024 para aboar o importe do campamento na entidade bancaria Abanca segundo as opcións elexidas:

Opción A: Do 15 ao 31 de xullo de 2024 Cota: 75€

Opción B: Do 1 ao 16 de agosto de 2024 Cota: 75€

Opción C: Do 15 de xullo ao 16 de agosto de 2024 Cota: 150€

 

 

Hai unha bonificación do 50% da taxa para as familias numerosas que aportaron a súa documentación xustificativa (segundo a súa definición contemplada na Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia).

 

No concepto de pago deben figurar a opción escollida, nome e apelido da crianza. De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo.

 

 

RENUNCIA A PRAZA E DEVOLUCIÓN DA TAXA No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal. As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa  de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas. A omisión, falsidade dos datos o dos documentos achegados serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.