Rematado o prazo de preinscrición o día 24 de setembro, procedese á publicación da listaxe de admitido/as nas actividades de pilates. Haberá dous grupos: un grupo de 18:00 a 19:00 horas e outro de 19:00 a 20:00 horas. Para anotarse en cada un dos grupos, poden acudir á Casa do Concello ou chamar ao 982 34 00 00.
Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 04 de outubro de 2024. A tarifa trimestral é de 70€. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: PILATES María López Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
As clases comezan o mércores día 2 de outubro de 2024 na Aula 3 do 1ª andar do Instituto Vello ás 18:00 ou 19:00 horas en función do horario escollido. Lembra levar a túa esteira.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. Non serve informar ao docente de palabra. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.