Rematado o prazo de preinscrición o día 24 de setembro, procedese á publicación da listaxe de admitido/as nas actividades de ioga.
Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 04 de outubro de 2024. A tarifa trimestral é de 70€. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
As clases comezan o mércores día 2 de outubro de 2024 na Aula 3 do 1ª andar do Instituto Vello ás 20:15 horas. Lembra levar a túa esteira e unha mantiña.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. Non serve informar ao docente de palabra. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.