Homenaxe a Ernesto Lagarón Vidal

Co gallo da  XXIII Mostra Folclórica, o fonsagradino Ernesto Lagarón Vidal (Veigas de Piñeira, A Fonsagrada 1951) recibe unha homenaxe na Casa do Concello o sábado 13 de agosto ás 13:00 horas. En 1982 foi un dos promotores da fundación da Agrupación Cultural Galega ‘Saudade’ de Barcelona , coa intención de promover a cultura e tradicións de Galicia. Foi o primeiro presidente desta Asociación. Dende esta  levou adiante iniciativas para promover a cultura galega, invitando a importantes personalidades do ámbito cultural e político como Ramón Piñeiro, Filgueira Valverde, Alonso Montero, Manuel Fraga, Jordi Pujol, Mariano Rajoy, Pasqual Maragall, Joan Clos, etc. Ademais, traballou na fundación da Federación de Entidades Galegas de Cataluña, colaborando na redacción dos seus estatutos e sendo o primeiro presidente. No ano 2001 recibiu o recoñecemento do goberno galego, que o agasallou coa medalla de Galicia en Santiago de Compostela. En febreiro de 2003 foi nomeado galego do ano en Cataluña por parte do Foro da Terra Galega de Barcelona.