A Xunta de Galicia, baixo o lema “Re-posiciona o teu negocio”, pon en marcha a segunda edición do proxecto formativo #AutónomosDixitais dirixido prioritariamente a autónomos/as en activo ou autónomos/as cuxo negocio cesou os últimos meses e desexan retomar a súa actividade. Con novas datas de comezo en setembro, hai novas prazas, accesibles para desempregados/as sen límite de idade.


Este proxecto inclúe dous cursos en liña de 50 horas de duración cada un e orientados a mellorar o grao de dixitalización dos emprendedores galegos.

Esta formación está 100% subvencionada, e non ten ningún custo económico para as persoas participantes, impártese en modalidade online e conta con diploma avalado pola Xunta de Galicia ao finalizar.

Para aclarar calquera dúbida ou solicitar praza, tamén estarán dispoñibles as seguintes canles:
*        Teléfono gratuíto: 900 100 957
*        Email: info@autonomosdixitais.com