O Festivaliño é un pequeno gran festival. Un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante por toda o noroeste peninsular. Acompañado de obradoiros, música, rodaxes, e moitas sorpresas …Propicia unha nova xanela de exhibición de pezas audiovisuais para nenos e nenas, público infantil de 0 a 12 anos, achegando novos contidos audiovisuais dunha maneira lúdica á par que didáctica. Esta actividade realizarase no Xardín da Casa da Cultura o martes 3 de agosto de 17:00 a 20:00 horas dentro do programa de dinamización da lectura "Ler Conta Moito".
Festivaliño na Biblio o día 3 de agosto
Cine para público infantil de 0 a 12 anos