O próximo 5 de xullo A Fonsagrada acolle a primeira edición de Cinema Circulante, un festival itinerante de cinema que busca converterse nun espazo de encontro
coa cultura e cinema galegos en concellos do rural. O programa, financiado a través da convocatoria de Territorio Cultura da Xunta de Galicia, percorrerá dez vilas de menos de
5.000 habitantes das provincias de Lugo e Ourense ata o vindeiro 10 de xullo. Con obradoiros, música, proxeccións de curtametraxes e coloquios, a programación
condensa nunha única xornada diferentes actividades relacionadas co audiovisual e orientadas a todo tipo de públicos:


● Sementando cineastas: obradoiro de creación cinematográfica para público infantil no que o cineasta Ángel Santos introducirá á rapazada da
contorna no medio audiovisual. A actividade contará con 10 prazas por concello para nenos e nenas de 8 a 12 anos (aínda que a organización terá en consideración
outras idades se non se completan as prazas). A inscrición pode facerse enviando un correo electrónico a cinemacirculante@nortecatrocinema.com facliitando os nome, apelido e idade e sinalando o concello da Fonsagrada. Esta actividade desenvolverase no Salón de Actos Municipal dos Chaos (A Fonsagrada) ás 17:30 horas.


● Cinema memoria: proxección e coloquio dedicado as nosas e nosos maiores no que a través de tres pezas de realizadoras e realizadores galegos xerarase unha
conversa sobre as lembranzas e vivencias das e dos asistentes. As curtametraxes proxectadas nesta actividade serán O carro e o home (Antonio Fernández Román,
1945), As vacas de Wisconsin (Sara Traba, 2016) e Matria (Álvaro Gago, 2017). Este evento  é exclusivo para os usuarios do Residencial Rois ás 18:30 horas.


● Actuación ao vivo do grupo Gure Terra. Cara ao final da tarde a veciñanza poderá gozar deste espazo musical que xira en torno ao imaxinario popular e á tradición. Esta actividade desenvolverase na Praza da Igrexa ás 21:00 horas. En caso de mal tempo, trasladarase ao Salón de Actos Municipal dos Chaos.


● Cinema na rúa: proxección de curtametraxes galegas no Salón de Actos Municipal dos Chaos ás 22:30 horas. Os filmes que conformán esta sesión serán Xoves de comadres (Noemi Chantada, 2020), Así vendrá la noche (Ángel Santos, 2021), Rompente (Eloy Domínguez Serén, 2022) e Einstein-Rosen (Olga Osorio, 2017)

● Baixo as estrelas,no Salón de Actos Municipal dos Chaos ás 00:00 horas coloquio posterior ás proxeccións no que o público poderá falar da proxección co cineasta Ángel Santos.


O percorrido desta primeira edición de Cinema Circulante atravesará as provincias de Lugo e Ourense dende o 1 ata o 10 de xullo, comezando por Trabada (1 de xullo), Cervantes (2 de xullo), Quiroga (3 de xullo), Rubiá (4 de xullo), A Fonsagrada (5 de xullo), Monterrei (6 de xullo), Calvos de Randín (7 de xullo), Maside (8 de xullo) Carballeda de Avia (9 de xullo) e rematando en Beariz o 10 de xullo.


Máis información sobre as actividades e horarios en cada concello dispoñible en www.cinemacirculante.com ou nas canles oficiais das distintas redes sociais do proxecto
(Facebook, Instagram, Twitter e Telegram).
www.cinemacirculante.com
https://www.instagram.com/cinemacirculante/
https://www.facebook.com/cinecirculante
https://twitter.com/cinecirculante
https://t.me/cinemacirculante