A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, pon en marcha un novo programa de lecer e educación non formal dirixido aos mozos e mozas galegos desde o mes de xaneiro de 2023 ata abril. Este evento terá lugar en A Fonsagrada o venres 24 de febreiro. O horario será de 16:00 a 21:00 horas. O lugar será o Pabillón Deportivo do CEIP Santa María de A Fonsagrada. Ás 20:30 horas actuará o grupo de música local "Enriba da Brétema".
Deste xeito búscase celebrar e poñer en valor o “Día da Xuventude” cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en ata 30 concellos diferentes das catro provincias galegas.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
- Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.
- Lecer educativo: Fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.
- Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.
- Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.
- Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.
- Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.
- Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.