O vindeiro xoves 20 de xuño o IESP Fontem Albei celebrará unha xornada de portas abertas para mostrar, a todo aquel que queira achegarse, o proxecto Fonsixgrada enmarcado dentro do Programa Piteas.

En primeiro lugar, ás 12:30 horas, os alumnos e alumnas de 2º de ESO representarán a obra de teatro "Unha lenda, un tesouro", escrita por eles mesmos e que conta unha das lendas da Fonsagrada. A continuación, sobre as 12:45 horas, todo o alumnado do centro explicará os distintos traballos que compoñen este proxecto.