A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e coa colaboración co Museo da Fonsagrada, inaugura a exposición “OS CAMIÑOS DE CARLOS CASARES”, o vindeiro venres 4 de xuño ás 19.00h no Museo da Fonsagrada.

A exposición, que está destinada a todos os públicos, permanecerá aberta ata o día 29 de xuño, de martes a venres en horario de 12 a 14 horas; e os sábados e domingos de 12 a 14 e de 17 a 19 horas (luns pechado). Xa estivo na cidade de Mondoñedo e percorrerá outras cidades e vilas como Catoira, Corcubión e Baiona.

 

A EXPOSICIÓN

Recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe.

Xurxo Lobato é membro da Academia Galega de Belas Artes, premio Artes Plásticas Cultura Galega 2020, e premio Ortega y Gasset de El País, 2003.

As citas e textos informativos poderán seguirse en castelán e inglés, ademais de en galego, mediante un código QR. Do mesmo xeito o visitante terá unha posibilidade de accesibilidade mediante reprodución automática de textos en audio e descarga do folleto e cartel oficial da exposición no sitio web da mostra.