O Museo Etnográfico da Fonsagrada acollerá, dende o 16 de agosto ata o 7 de setembro, a exposición sobre o traxe tradicional galego "O Traxe Vello no Camiño Primitivo".
As pezas expostas están confeccionadas por Traxandaina, que fai reproduccións de pezas antigas do noso traxe tradicional: os vellos picotes, levantados, ..., teñen en conta as lás, as cores, medidas, bordados, feituras a man......
Esta exposición está organizada por Traxandaina, Concello da Fonsagrada - Concellería de Cultura e Turismo e Museo Etnográfico da Fonsagrada.