XIRA PAUS é un proxecto de Manu Taboada (xogueteiro da Chintofanería) e Ero Vázquez (titiriteiro e artesán de Trécola) que xurdiu co propósito de dar e poñer en valor o universo dos autómatas.

Trátase dunha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal, bonecos que se moven e andan sós, un teatriño de guiñol automatizado homenaxe do tradicional títere de cachiporra, diferentes efectos especiais recurrentes no teatro... A idea desta exposición é que os aistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. Pero para que vos fagades unha mellor idea do marabillosa que é esta exposición, visionade o seguinte video https://marionetastrecola.com/xirapaus/