O concello de A Fonsagrada acolle dende o día 18 e ata o próximo 31 de agosto en horario de 10:00 a 14:30 na 2ª planta do Instituto Vello unha mostra fotográfica protagonizada por traballadores con discapacidade, obra do fotógrafo Diego Silva.

O Alcalde da Fonsagrada, Carlos López; o deputado da área de Participación Cidadá da Deputación de Lugo, Roberto García Pernas, e o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, inaugurarán o xoves 18 ás 11:00 da mañá na 2ª planta do Instituto Vello a exposición fotográfica sobre emprego e discapacidade formada por 24 imaxes do fotógrafo coruñés Diego Silva. 

Visibilizar e normalizar o traballo das persoas con discapacidade é o obxecto desta mostra que permanecerá en A Fonsagrada ata o próximo 31 de agosto,  para concluír a súa xira lucense o próximo 30 de setembro na cidade de Lugo.

Un traballo de dous anos e medio por toda Galicia. A mostra “Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas” está composta por 24 imaxes concibidas como reportaxe documental e é froito do traballo do fotógrafo galego Diego Silva, quen ao longo de dous anos e medio desprazouse a once dos centros especiais de emprego que forman parte da asociación para captar co seu cámara a actividade diaria dun grupo de traballadores con discapacidade.