O Salón de Plenos do Concello de A Fonsagrada acolleu a entrega de premios do 9°Certame de Tapas.
O obxectivo deste evento foi incentivar o bo facer culinario dos cociñeiros locais, contribuíndo a promocionar e potenciar a actividade do sector de restauración do noso municipio.
Os clientes consumidores das tapas elixiron mediante votación aos seguintes premiados:

  • Mellor Sabor: Restaurante Cantábrico
  • Mellor Presentación: Mesón Catro Ventos