DOAZÓN DE SANGUE
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará o xoves 16 en A Fonsagrada en horario de 16:30 a 21:00 horas.
O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.
Os hospitais galegos precisan cada día entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a túa colaboración é fundamental para que moitas persoas podan ser sometidas a intervencións cirúrxicas, ou para persoas que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos.
Non esperes a que se agote. Doa sangue.