Un ano máis o Concello da Fonsagrada oferta cursos de natación nos meses de xullo e agosto en dous niveis: aprendizaxe e perfeccionamento.
Cada curso terá unha duración de tres semanas e as clases serán de luns a venres. As datas son as seguntes:
- Mes de xullo: do día 11 ao día 29.
- Mes de agosto: do día 8 ao día 26.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Os horarios dos cursos serán:
- Nenos/as
- Perfeccionamento: de 12:30 horas a 13:15 horas
- Iniciación: de 13:15 horas a 14:00 horas
- Adultos
- Iniciación e perfeccionamento: de 19:30 horas a 20:15 horas
Cota a pagar: 20 €
Prazo: Ata cubrir todas as prazas
Para inscribirse hai que cubrir a solicitude (que se facilita en dependencias municipais) e entregala, xunto co recibo de pago, nas oficinas do Concello de Fonsagrada.
Máis información: 629.67.12.36
deportes@fonsagrada.org