Polo Concello da Fonsagrada aprobáronse as bases de selección para a contratación temporal de: 6 peóns, 2 peóns condutores, 2 xefes de brigada e 3 condutores de motobomba), en virtude do Convenio Interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Fonsagrada para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello da Fonsagrada no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no BOP. (Do 29 de xuño ao 5 de xullo, ambos incluídos)