Daboapipa narra unha recollida de historias que non nos deixan esquecer aos máis maiores, eses avós e avoas sempre presentes, con contos para pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños.


Unha proposta para público infantil creada, composta, cantada e contada por Vero Rilo e Carlos Quintá. 45 minutos de contos cos que todos medramos e aprendemos a pasar pola vida.

 

Esta actividade enmárcase dentro programa subvencionado "Cultura no Camiño 2016" do AGADIC e Turismo de Galicia.