Sábado 21 de agosto de 2021
19 horas
Praza de España (A Fonsagrada)
Un dos espectáculos infantís máis coñecidos de Pedro Brandariz. A sesión estará protagonizada pola "Pantasma Cataplasma” e polas súas venturas e desventuras, que veñen sendo do máis divertidas. E ademáis de cómicas tamén resultan didácticas, pois o espectáculo traballa a educación en valores, a recuperación das tradicións... A “Pantasma Cataplasma “ e todas as nenas e nenos aprenderán o importante que é a corresponsabilidade no fogar para acadar a igualdade de xénero, adquirindo o compromiso de repartir as tarefas da casa. Dunha maneira moi coidadosa e preventiva tamén se abordan cuestións vencelladas coas violencias machistas, coa intención de traballar estes contidos dende as etapas de idade máis temperás.
Esta actividade cultural está dentro da novena edición de "Cultura no Camiño" financiada por Xacobeo 21-22, Xunta de Galicia, Gadis e o Concello de A Fonsagrada.
Aforo limitado. Teranse en conta as recomendacións das autoridades sanitarias.