A Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón organiza un concurso de receitas de cociña co obxectivo de seleccionar dúas receitas de cada categoría (primeiro prato, segundo prato, sobremesa e tapa ou petisco).
No marcos da Rede Española de Reservas da Biosfera preténdese realizar unha recompilación das mellores receitas de cociña tradicionais das Reservas, as cales serán publicadas conxuntamente nun libro. O resto de receitas presentadas ao concurso pasarán a recompilarse nun documento electrónico.
Quen pode participar: Residentes dos concellos pertencentes á Reserva: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada en Lugo, Castropol, San Martín de Oscos, San Tirso de Abres, Santa Eulalia de Oscos, Taramundi, Vegadeo e Villanueva de Oscos en Asturias.
Prazo: Poderanse presentar ata o 25 de novembro.
Categorías: primeiro prato, segundo prato, sobremesa ou petisco.
Para máis información pode descargar as bases do concurso na seguinte ligazón:
- Bases