Concerto "O CANTAR DA NOSA LINGUA” polo CORO DO HOSPITAL DE LUGO
O sábado 20 de novembro
Ás 19:30 horas
Na Igrexa de Santa María (A Fonsagrada)
“O CANTAR DA NOSA LINGUA” é unha proposta teatral e musical creada polo CORO DO HOSPITAL DE LUGO. É un concerto baseado na historia da lingua galega, dende o Medievo ata os nosos días. Sobre un texto da escritora Adela Figueroa Panisse, que o propio Coro do Hospital teatraliza, nárranse os distintos períodos que marcaron a historia da nosa lingua : A época dourada da lírica galaico-portuguesa, séculos escuros, rexurdimento, ata a época actual. A narración vai salpicada de intervención musicais do Coro e solistas:
- EXEMPLOS DE LÍRICA MEDIEVAL DOS TROVADORES : “Ondas do mar de Vigo” de Martín Codax, e “Ai frores de Verde Pino”de Don Denís. E NEOTROVADORES : “Quen puidera namorala” de Álvaro Cunqueiro.
- EXEMPLOS DE ADAPTACIÓNS CORAIS DE MÚSICA GALEGA TRADICIONAL, REPRESENTANDO OS SÉCULOS NOS QUE A LINGUA PERDEU O SEU CARÁCTER LITERARIO, PORÉN PERMANECEU VIVA NO POVO : “Foliada de Nadela”, “Alalá de Muxía”, e “Terra Meiga”.
- EXEMPLOS DE COMO OS NOVOS POETAS DO SÉCULO XIX E XX EN LINGUA GALEGA, FORON A INSPIRACIÓN PARA NOVAS MÚSICAS : “Negra Sombra” de Rosalía de Castro, “San Campio” de M. González Lago, “Canción do temporal de Amado Carballo, “María Soliña” de Celso Emilio Ferreiro.
Duración: 50 minutos
Esta proposta músico-teatral foi representada con grande aceptación de público en Burela, Monforte e Lugo, en concertos ofrecidos en outono do ano 2019.
GUIÓN:
“O CANTAR DA NOSA LINGUA”
De Adela Figueroa Panisse
PROGRAMA:
“ONDAS DO MAR DE VIGO” (Martín Codax)
“AI, FRORES DE VERDE PINO” (Don Dinís / M.Carneiro)
“QUEN PUIDERA NAMORALA (Álvaro Cunqueiro / Luis Emilio Batallán )
“FOLIADA DE NADELA” (Tradicional galega / Fernando G. Jácome )
“ALALÁ DE MUXÍA” (Tradicional galega / Fernando G. Jácome )
“TERRA MEIGA “ (A. Rei Rivero )
“NEGRA SOMBRA” (Rosalía de Castro / Xoán Montes )
“SAN CAMPIO” (M. González Lago / Torres Creo)
“CANCIÓN DO TEMPORAL” (Amado Carballo / J. López )
“MARÍA SOLIÑA” ( Celso Emilio Ferreiro / A. Paz Valverde)
INTÉRPRETES :
Recitado, Coro e Solistas :
CORO DO HOSPITAL DE LUGO
DIRECCIÓN :
FERNANDO G. JÁCOME
Na misa das 19:00 horas tamén participará o coro con varias pezas relixiosas.
Máis información do Coro en http://www.coralxeralcalde.info/es ou no seu Facebook: https://www.facebook.com/coralhospitaldelugo