Ciclo de Concertos "Con Voz de Muller 8M" da Deputación de Lugo con Uxía o sábado día 5 ás 20:00 horas no Salón de Actos Municipal dos Chaos (A Fonsagrada)
Uxía, natural de Mos, é considerada unha das maiores embaixadoras da música galega. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado ou ritmos brasileiros. Dende a súa estrea con Foliada en 1986, o seu repertorio foi medrando ata ter publicados 12 discos polos que recibiu importantes recoñecementos, que a levaron a viaxar por todo o mundo chegando a países como o Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Bisáu, cantando con artistas como João Afonso, Dulce Pontes, António Zambujo, Rui Veloso ou Tito Paris.