Ciclo de Concertos "Con Voz de Muller 8M" da Deputación de Lugo con Catuxa Salom o domingo día 5 ás 19:00 horas no Salón de Actos Municipal dos Chaos (A Fonsagrada).

Catuxa Salom é unha cantante e compositora nada en Vilagarcia de Arousa (Pontevedra). Ademais, ten raíces arxentinas e sente unha profunda atracción polo folclore portugués, que influíu enormemente no seu son. Por iso é polo que nas súas cancións atopamos unha fusión chea de cores na que ela mesma mestura á perfección “ritmos tribais latinoamericanos con música en galego nun envoltorio electrónico”.