A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) ten un programa, financiado pola Axencia de Turismo de Galicia, ao abeiro da
convocatoria SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE DINAMIZACIÓN DO XACOBEO 2021, "O TEU XACOBEO", que baixo o nome "Camiñando polo Dano Cerebral",  conta cos seguintes obxectivos:

- Incrementar o coñecemento social sobre o dano cerebral, focalizándose nas principais causas, síntomas de alarma e medidas de actuación en concellos con gran afluencia de poboación peregrina,mediante a realización de actividades de visibilización, información e promoción da saúde.

- Sensibilizar á sociedade galega e foránea sobre a realidade do dano cerebral a través de actividades deportivas nas que participe a cidadanía xeral, persoas con dano cerebral e as súas familias.

Para a consecución deses obxectivos, plantéxanse unha serie de actividades entre as que se recollen as detalladas  a continuación:

    * Realización dun ciclo de charlas e/ou obradoiros preventivos sobre o dano cerebral.

    * Distribución de materiais educativos/ divulgativos sobre as principais causas do DC que complementen os contidos das anteriores actividades, en albergues, puntos de información turística, farmacias,  de centros de saúde, centros de acollida ao peregrino, etc.