O Ministerio do Interior a través da Secretaría de Estado de Seguridade, continúa co desenvolvemento do PLAN MAIOR DE SEGURIDADE, dirixido aos nosos maiores, principalmente.
Trataranse temas sobre como evitar roubos en vivendas, na rúa ou en grandes aglomeracións. Tamén consellos para evitar todo tipo de malos tratos, ser vítimas de enganos, evitar diversos tipos de accidentes, seguridade viaria, domésticos, no rural, estafas na internet etc.
A charla realizarase o xoves 20 de xuño ás 17:00 horas na aula Coworking da Casa da Cultura.