A Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra organiza, en colaboración co Concello da Fonsagrada, esta actividade de formación do profesorado titulada "Xeoloxía e estrutura do oeste da provincia de Lugo". Esta charla divulgativa, que ten como ponente a Francisco Canosa Martínez, será aberta ao público en xeral e celebrarase no Salón de Actos Municipal ás 19:00 do 27 de maio.